Friday 19 de April de 2024

Trenor inaugurou as Xornadas de Movemento e Saúde organizadas pola Sociedade Galega de Fisioterapeutas


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura das II xornadas Movemento e Saúde organizadas pola Sociedade Galega de Fisioterapeutas (SOGAFI).

Trenor agradeceu na súa intervención o apoio prestado por estes profesionais sanitarios formando parte dos grupos de traballo para a elaboración do Plan de Atención Primaria, que recolle a creación dun total de 40 prazas de fisioterapeutas entre 2019-2021. C

Ademais, destacou “estes tipo de foros é fundamental para poñer no lugar que se merece o labor que realizades no ámbito sanitario. Desde a Consellería de Sanidade cremos nunha atención primaria máis multidisciplinar, con máis capacidades e protagonismo de todas as categorías profesionais, incluída, por suposto, a dos fisioterapeutas”.